Saltar navegación
 
Concello de Fisterra: Fin da terra, fin do camiño

Novas


VIA STELLAE

III Festival de Música de Compostela e os seus Camiños

Imaxe do cartel promocional do FestivalO vindeiro, domingo 6 de xullo ás 20:45h na Capela do Bo Suceso de Fisterra terá lugar o III Festival de Música de Compostela e os seus Camiños.

O programa será o seguinte:
-FERNANDO REYES: guitarras barrocas

-TRINIDAD DE MIGUEL: castañolas e percusión

-Xácaras, folías e gaitas: músicas de guitarra barroca






EXPOSICIÓNS NO FARO DE FISTERRA

Xullo 2008

No faro de Fisterra pódese contemplar durante o mes de xullo as seguintes exposicións:

-Exposición de pintura do Centro Cultural e Recreativo "O Casino". Do 1 ao 10 de xullo.

-Os alrededores do faro pódense ver os murais de azulexo do Concurso que se fixo entre os Institutos da Costa da Morte promocionado pola empresa "Suministros LAR". Estará ata finais de xullo.


I CONCURSO FOTOGRÁFICO "CABO FISTERRA: PATRIMONIO CULTURAL EUROPEO"

Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte"

A Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte" , convoca o I Concurso fotográfico "Cabo Fisterra: Patrimonio Cultural Europeo", coas seguintes bases:

-Poderá participar calquera fotógrafo profesional ou afeccionado. As imaxes deberán reflexar os diferentes aspectos turísticos do Concello de Fisterra cun máximo de 3 fotografías por persoa en papel fotográfico convencional en branco e negro ou color.

-As fotografías terán un formato de 30X40 e montadas nun soporte ríxido de 40X50. Sen cristal e sen marco e cun soporte que permita a súa colocación nas paredes dunha sala de exposicións.

-Obras inéditas que non fosen publicadas nin premiadas noutros concursos.

-Ao dorso de cada obra farase constar un seudónimo e o seu título. En sobre pechado figurará no exterior o seudónimo e no interior o título de cada obra, lugar onde se realizou e data, así como os datos persoais do participante: nome e apelidos, dirección, e-mail (se tivese), teléfono e DNI.
Os participante enviarán os seus traballos a: Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte", Travesía de Castelao, 2, 2ºE, 15155 Fisterra (A Coruña), facendo constar no exterior do sobre o título deste concurso.
A asociación de veciños non se responsabilizará das posibles deterioracións das fotografías motivadas pola súa manipulación ou envío.

-O prazo de presentación remata o 30 de agosto de 2008 e establece un 1º premio de 200€, un 2º de 150€ e un 3º de 100€.

-O fallo do xurado, que estará formado por técnicos na materia, darase a coñecer o 8 de setembro de 2008, ás 19:00H, nun local que se anunciará previamente.

-Coas fotografías presentadas realizarase unha exposición os días das Festas Patronais en honor a Virxe do Carmen. As fotos premiadas pasarán a formar parte do arquivo fotográfico da Asociación de Veciños de Fisterra "Costa da Morte" e o resto poderán ser recollidas o remate da exposición.


REDE NATURA 2000

Concello de Fisterra

Rede Natura 2000 FisterraO Concello de Fisterra acaba de realizar un inventario e estudo técnico sobre a Rede Natura 2000 que abarca toda a superficie do Concello.
Pódese visualizar o documento completo en PDF a través do seguinte enlace:

REDE NATURA 2000 >>


PUNTO DE INFORMACION PARA AS MULLERES

No Concello de Fisterra estará dispoñible tódolos mércores de 9:00 a 11:00 un punto de información para as mulleres.


 
Subir ao inicio da páxina