Como alcalde de Fisterra quero dar a benvida a todos os visitantes desta páxina web.
Dende ela queremos amosar o Fisterra do século XXI, co afán irrevogable desta Corporación de desenvolver ao máximo as novas tecnoloxías. Por isto non podemos prescindir dun instrumento como é a rede de redes como medio de difusión que nos abre ao mundo, e ao mesmo tempo como ferramenta a disposición dos cidadáns tanto dos que viven en Fisterra, como aqueles que por diferentes motivos tiveron que deixar o seu pobo e residir noutros lugares de España ou do estranxeiro.
Do mesmo xeito, esta páxina ábrese coa intención de que os internautas naveguen por un Fisterra virtual, onde nos poden coñecer, tanto o noso pasado, grazas a un compendio da nosa rica historia xunto cunha esmerada selección de vellas fotografías que rememoran todo o sabor dunha vila mariñeira, coma do presente, oonde se amosan as nosas inquedanzas por construír unha vila moderna e aberta ó futuro.
Así poderá encontrar información precisa e útil sobre Fisterra : a súa historia, as antigas tradicións que perviven ata hoxe, a paisaxe, un práctico plano das populares rúas, os seus monumentos, a gastronomía, os seus proxectos e as súas ilusións, en definitiva unha información dese Fisterra eterno baseado na conxunción dun valioso pasado que nos legaron os nosos ancestros e do respecto ós espazos naturais, e a modernidade, que nos obriga a adaptarnos ó mundo de hoxe.
Esperamos, con esta páxina, achegar o cidadán ós servizos que presta o Concello, e que os visitantes poidan descubrir mellor esta vila e as súas xentes.