Saltar navegación
 
Concello de Fisterra: Fin da terra, fin do camiño

Praias

Dentro do Tremo Municipal atopamos magníficas praias e para todos os gustos.

Langosteira

Fotografía da Praia de LangosteiraPrecioso areal de 2 qms de longo onde se funde a praia co monte. Esta praia conta cos servizos precisos para atender o alto número de visitantes que recibe na época estival.

Praia con bandeira azul, nela celébrase todos os anos polo mes de xullo a festa da praia, na que participa todo o pobo e gran cantidade de turistas.

Talón

Imaxen da praia de TalónEscondida entre pinares próxima ao Camiño de Santiago, atópase esta tranquila e resgardada praia.

Arnela

Fotografía da Praia de ArnelaEsta pequena praia aparece coma unha recóndita cala de areas brancas rodeadas de salvaxes acantilados.


Ribeira

Fotografía da Praia de RibeiraEnseada de augas tranquilas dentro da propia vila, resultando ideal para o disfrute dos nenos.

Corbeiro

Imaxe da Praia de CorbeiroPreciosa cala situada preto do castelo de San Carlos, moi tranquila e de impresionante beleza.

Mar de Fóra

Fotografía da Praia  de Mar de Fóra
Solitaria e recollida pero mirando ao mar aberto, sendo conxuntamente coa Praia de Rostro e Arnela, perigosas para o baño polas súas correntes mariñas.

Aislada de núcleos urbanos cunha lonxitude que alcanza os 500 m, ten forte oleaxe e vento. Está protexida dentro do programa de Rede Natura 2000.

Sardiñeiro

Fotografía da Praia de SardiñeiroNo pequeno pobo de Sardiñeiro, atópase esta praia de area fina e tranquilas augas, onde se poden ver marabillosas vistas da ría.

O Rostro

Fotografía da Praia do RostroAberta ao Océano Atlántico, conta cun interesante sistema dunar que se extende ao longo dos seus case tres quilómetros de lonxitude.

É un dos poucos areais que poden calificarse como prácticamente virxe.

Protexida por Rede Natura 2000.

Restrelo

Pequena praia de 85 metros situada ao lado de Sardiñeiro.

 
Subir ao inicio da páxina