Saltar navegación
 
Concello de Fisterra: Fin da terra, fin do camiño

Actividades

As actividades que se desenvolven no Departamento de Cultura son actividades destinadas a xente de todas as idades, dende os máis pequenos ata os máis grandes.

O obxectivo principal do departamento é a motivación, entretemento, formación dos veciños do municipio.

Un dos eventos máis importantes é o Entroido cualificado como: “ENTROIDO MÁIS TRADICIONAL DA COSTA DA MORTE”

Como é tradicional no municipio disfrazarse, a mocidade vístese coas mellores roupas para formar parte da Cabalgata dos Reis Magos que adornará as rúas do pobo con enormes carrozas, paxes, cabalos e os máis importantes, os Reis Magos.

En relación coas FESTAS da vila destaca a “Festa do Santo Cristo“ declarada de Interese Turístico Nacional, que se celebra o Xoves e Venres Santo con escenificacións da paixón de Cristo. Pero hai que destacar a Resurrección, que se realiza o Domingo de Pascua.

Outras festas de interese son a festa do Carme de Fisterra e Sardiñeiro, Bo Suceso, San Antonio da Insua, San Xoán, Corazón de Xesús, Festa do Longueirón, do polbo, festa Folk na Fin do Camiño...

Unha das creacións máis importantes que se realizaron no departamento foi a organización dunha ESCOLA CULTURAL INFANTIL MUNICIPAL.

O obxectivo é traballar cos nenos, entre 3 e 15 anos, inculcándolle dende pequenos formación en materias coma as manualidades, teatro, canto, danza, cultura xeral...

Os nenos reúnense todos os sábados na biblioteca municipal durante toda a mañá onde realizan diversos obradoiros, organizan festivais...Unha das actividades máis importantes para os nenos dentro da escola é a FESTA DE HALLOWEENna que eles elaboran os seus propios disfraces e gozan deles nunha festa acompañada de merenda, karaoke, bailes...

As actividades destinadas para os adultos son obradoiros de manualidades, arte floral, conferencias,...

Un dos lugares máis simbólicos do municipio é o Cabo de Fisterra, e nos meses de verán aprovéitanse as súas instalacións para realizar recitais de poesía e exposicións sobre retratos, paisaxes, patrimonio da propia vila. A exposición é visitada por máis de 1000 persoas ao día onde gozan da historia do municipio.

Un dos meses máis destacados é o mes de decembro no que destacan actividades como títeres, teatro, festivais, cine de Nadal, panxoliñas polas rúas, obradoiro de adornos de nadal...

 
Subir ao inicio da páxina