Son un sistema integrado de protección social orientado á prestación programada de atencións e servizos que posibiliten a mellora da calidade de vida e á participación das persoas ou grupos, especialmente daqueles que sofren algún tipo de carencia, marxinación ou desatención, así coma á prevención e eliminación das causas que están na orixe destas situacións.
O servizo neste Concello ven funcionando dende 1987, aínda que non conta con persoal propio e exclusivo ata cinco anos máis tarde.
Os principais obxectivos e dacordo coa Ley 4/1993 de Servizos Sociais son:
1.- Detectar e analizar as necesidades sociais da comunidade.
2.- Informar, orientar e asesorar sobre os dereitos sociais e do procedemento para exercitalos.
3.- Previr no ámbito comunitario.
4.- Insertar ás persoas e/ou grupos marxinados e/ou excluídos.
5.- Promover o desenvolvemento comunitario.
6.- Impulsar o voluntariado para unha mellor e maior cooperación e solidaridade social da comunidade.
Para a consecución destos obxectivos lévanse a cabo os seguintes programas:
1.- PROGRAMA DE INFORMACIÓN, ORIENTACIÓN E ASESORAMENTO, sobre os recursos existentes e posibilidades de superación en situacións carenciais ou problemáticas de individuos, grupos ou da comunidade.
2.- PROGRAMAS DE INSERCCIÓN SOCIAL: programa de emerxencia social, programa de educación familiar e programa de apoio a terapias de tratamento.
3.- PROGRAMA DE AXUDA NO FOGAR: consiste nun conxunto de atencións de carácter doméstico, social, persoal ou educativo aos cidadáns no seu medio.
4.- PROGRAMA DE VOLUNTARIADO: Iniciado no ano 2003, para actuar en programas de Servizos Sociais.
O personal co que conta o Concello para a prestación dos Servizos Sociais son: Traballadora Social, Auxiliar Administrativa, Educadora Familiar e 3 Auxiliares de axuda a domicilio.