Saltar navegación
 
Concello de Fisterra: Fin da terra, fin do camiño

Instalacións

A Aula de Informática é un servizo que ofrece o Concello de Fisterra en colaboración coa Deputación da Coruña para que toda a poboación poida acceder ás novas tecnoloxías.

Con ela preténdese crear un centro de estudo, traballo e lecer con acceso libre e gratuíto a Internet e de uso prioritario para as actividades educativas, formativas, laborais e culturais.

Durante o horario de Aula Aberta pódese acudir á aula para realizar traballos escolares, buscar información, enviar e recibir correos electrónicos, imprimir información puntual, escanear fotografías, etc. Durante este tempo pódese contar coa responsable da aula para resolver as dúbidas que poidan xurdir, así como para garantizar un bo uso da mesma.

Existen unhas normas básicas de utilización dos equipos informáticos para impedir o abuso do servizo por parte de calquera usuario.

EQUIPAMENTO

O equipamiento da Aula de Informática Municipal é o seguinte:
-11 ordenadores Pentium Dual Core 2,50Ghz, 2,96 GB de RAM e Windows XP Profesional, Service Pack 3.
-2 impresoras; unha en branco e negro e outra a cor.
-1 escaner.
-Lector e regrabadora de CD-DVD instalada en tódolos ordenadores.
-Conexión de alta velocidade (ADSL) a Internet.

HORARIO DE AULA ABERTA

LUNS A VENRES
12:15-14:00

XOVES
17:00-20:00


O resto das horas están reservadas para a impartición de cursos, xornadas e outras actividades informáticas.

 
Subir ao inicio da páxina