Tómase a saída dende o albergue en dirección á estrada de Noia tomando un desvío, que nos conducirá ata a Igrexa de San Xián atravesando o adro desta igrexa e por estreitas rúas comezaremos un pequeno ascenso por unha senda atravesando o monte ata a localidade de Zas.
O camiño prolóngase por un andadeiro de terra, que conduce directamente á localidade de A Pena. Polo Camiño Real alcánzase Vilaserío, aldea que dispón dun modesto refuxio, a antiga escola, onde dende fai pouco tempo se intalaron unhas colchonetas e auga quente.
Os camiños son rectos e chas por tranquilas pistas de terra ata Maroñas e de aí a Santa Mariña, para alcanzar as aldeas de Bon Xesús e Vilar do Castro. Neste punto cando se chega a un dos puntos máis emblemáticos e fermosos deste camiño, a subida ao Monte Aro, onde dende o seu alto se divisa gran parte da Terra de Xallas e o embalse de Fervenza.
Neste punto iníciase o descenso cara á aldea de Corzón e a penas un kilómetro atópase Ponte Olveira, as augas do río Xallas, marcan os dous últimos quilómetros ata Olveiroa.
ALBERGUE DE OLVEIROA
Albergue configurado pola antiga casa da escola, S.XIX e dúas vivendas tradicionais cun módulo de servizos.
Albergue de titularidade da Xunta de Galicia, a súa capacidade é de 34 prazas e 1 delas para minusválidos. Aberto dende as 17:00 horas e dispoñible todo o ano.
SERVIZOS DISPOÑIBLES:
o Cociña comedor e sala de estar
o Cuarto da limpeza
o Lavandería e tendedeiros
o Aparcadoiro para bicicletas
o Cabaleirizas
o Auga quente e auga potable
o Calefacción
o Duchas e aseos
o Frigorífico
o Botiquín