Saltar navegación
 
Concello de Fisterra: Fin da terra, fin do camiño

Ritos

Fotografía da Escultura das Botas do PeregrinoOs antigos realizaban tres ritos de purificación, morte e resurrección.

1º.- BAÑARSE:
Purificación do corpo. Faise na praia da Langosteira, dous quilómetros antes de entrar no pobo. O peregrino quitábase así o po de toda a súa ruta e limpo comenzaba a súa conta atrás para alcanzar ese final do camiño tan duro e á vez importante para todo peregrino.

2º.- QUEIMAR A ROUPA:
Por medio deste rito, o peregrino desfaise de todo o material e co lume intenta queimar todo aquilo do que se quere desfacer e que non lle beneficiará para comezar unha nova vida.

3º.- VER A POSTA DE SOL:
Morte e Resurrección, a morte do sol no mar e a resurrección ao outro día, como a resurrección do peregrino no día a día do seu camiñar.

 
Subir ao inicio da páxina