Os actos previstos para celebrar o entroido 2012 no Concello de Fisterra son os seguintes:
SÁBADO, 18 DE FEBREIRO:
Ás 17:00h: Concentración das comparsas na Cruz de Baixar.
Ás 17:30h: Desfile pola vila rematando co pregón do Entroido 2012 na praza da Constitución a cargo de SANTI CANETA. Animación musical para todo o público.
DOMINGO, 19 DE FEBREIRO:
Ás 17:00h. Concurso de disfraces infantil na praza da Constitución. Tarde de xogos e bailes para todo o público.
PREMIOS:
.GRUPOS..........90€
(mín.3 e máx. 15 persoas)
.PARELLAS........60€
.INDIVIDUAL......30€
MARTES, 21 DE FEBREIRO:
Tradicional concurso de comparsas, ás 18:00h na praza da Constitución. Tamén se fará entrega dos premios do Rei e da Raíña do Entroido 2012.
PREMIOS:
PRIMEIRO PREMIO.........1.500€
SEGUNDO PREMIO..........1.200€
TERCEIRO PREMIO...........900€
O resto das comparsas participantes terán unha axuda económica de 300€.
Nota: No caso de mal tempo realizarase todo no pavillón municipal.
O Departamento de Cultura do Concello de Fisterra informa que xa está aberto o prazo de inscrición ao Concurso de Comparsas do Entroido fisterrán que se celebrará o vindeiro martes, 21 de febreiro, ás 18:00h. na praza da Constitución.
.PREMIOS:
1º PREMIO……….1.500,00€
2º PREMIO……….1.200,00€
3º PREMIO………...900,00€
En caso de empate, o xurado decidirá nunha nova votación á comparsa gañadora.
O resto das comparsas participantes que non obteñan ningún premio recibirán unha axuda económica de 300€.
.Os aspectos a punturar serán:
-PRESENTACIÓN (disfraces,maquillaxe,...)
-CALIDADE ARTÍSTICA (música, posta en escena, organización)
-CONTIDO DAS CANCIÓNS OU LETRAS
.A puntuación será do 1 ao 10 por cada aspecto. A suma dos puntos obtidos outorgará a clasificación pertinente.
.o ditame do xurado será inapelable.
.Establécese a condición na que as comparsas anotadas están na obriga de participar no desfile que se celebrará o sábado día 18 de febreiro.
.O tempo de actuación non sobrepasará os 30 minutos. No caso de que esto suceda, o xurado penalizará a comparsa que non cumpla as bases.
.O número de participantes en cada comparsa será como mínimo de 15 persoas, sendo o representante da mesma maior de idade.
INSCRICIÓN: Nas oficinas do Concello de Fisterra en horario de 08:30 a 14:30h antes do 14 de febreiro
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Orde do 4 de xaneiro de 2012 publicou o anuncio de cursos gratuítos de lingua galega preparatorios para probas de distintos niveis.
O Concello de Fisterra, a través do Servizo de Normalización Lingüística vai solicitar dous cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis:
-Celga 1
-Celga 3
Os cursos teñen unha duración de 70 horas lectivas.
As persoas interesadas deberán formular a súa inscrición nas oficinas municipais ou ben chamando ao teléfono 981740001. O prazo remata o 26 de xaneiro de 2012.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica de Galicia, Rede CeMIT, que se configura como un importante vehículo para a posta en práctica de iniciativas orientadas a impulsar as TIC e a sociedade da información en Galicia e tamén das políticas de goberno en áreas como o emprego, competitividade empresarial, e-inclusión, benestar e a e-Administración. Deste xeito, CeMIT coordina as actuacións das distintas aulas públicas de acceso a internet dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidas a conseguir a alfabetización dixital da sociedade galega e o desenvolvemento da sociedade da información.
Na Aula de Fisterra impartíronse 264 horas de formación en alfabetización dixital, un total de 20 obradoiros aos cales asistiron 145 persoas. Tamén houbo sitio para a teleformación, mediante a cal se ofreceron 3 cursos impartidos por videoconferencia (Creación de videoxogos, Creación de webs para dispositivos móbiles e Streaming de audio e vídeo)
Ademais da formación, as aulas CeMIT ofrecen o servizo de Aula Aberta, isto é, a posibilidade á cidadanía en xeral de acceder de maneira libre e gratuíta ás instalacións CeMITe utilizar o equipamento que nelas se atopa despregado. Neste senso, hai un total de 305 persoas rexistradas e máis de 1500 usos ao longo desta tempada.
Mención especial merecen actividades como as dúas videoconferencias con Papá Noel, que acolleron a uns 70 cativos dos colexios Mar de Fóra, Areouta e Nosa Señora do Carme.
A partir de novembro comenzarán os cursos de informática para adultos e nenos/as impartidos polo Concello de Fisterra:
ADULTOS:
-Introducción a informática: iniciación e perfeccionamento
-Ofimática: nivel usuario e avanzado
-Internet
-Deseño de páxinas web (Dreamweaver)
-Retoque dixital (Photoshop)
-Obradoiros de mecanografía, búsqueda de emprego, creación
de blogs, trámites na administración electrónica,…..
Os cursos están dirixidos a persoas maiores de 18 anos e impartiranse en horario de mañán ou tarde dependendo da demanda
NENOS/AS:
-Introducción a informática, ofimática e internet
Para nen@s de 6 a 12 anos en horario de tarde. Prazas limitadas.
Información e inscrición: A partir do luns, 17 de outubro no tle: 981740191 ou na aula de informática do Concello de Fisterra de 9:00 a 14:00h. Email:info@concellofisterra.com
A programación deportiva do Concello de Fisterra para o ano 2011-2012 é a seguinte:
NEN@S:
-Psicomotrocidade:
.Destinatarios: Nen@s de 2º e 3º de Educación Infantil.
.Horario e lugar: Xoves, de 17:00 a 18:00h. no Pavillón Municipal.
-Escola multideportiva:
.Destinatarios:Nen@s desde 1º E.P. ata 6ºE.P.
.Horario e lugar: Os venres de 17:00 a 18:00h. no Polideportivo de Sardiñeiro.
-Escola de patinaxe:
.Destinatarios: Nen@s desde 2º E.I. ata 6º E.P.
.Horarios:
-Martes de 17:00 a 17:45, nen@s de 2º E.I. e iniciados, de 17:45 a 18:30, nen@s de 3º E.I. e 1º E.P.
-Luns de 18:00 a 18:45h., nen@s de 4º, 5º e 6º de E.P.
-Xoves de 18:00 a 18:45h., nen@s de 2º e 3º E.P.
-Escola de Bádminton:
.Destinatarios: Nen@s dende 2º E.P. ata 2º E.S.O.
.Horario e lugar: Xoves de 18:45 a 19:30 no Pavilón Municipal.
-Escola de Voleibol:
.Destinatarios: Nen@s de 2º E.P. ata 2º E.S.O.
Horario e lugar: De 18:45 a 19:30h. no Pavillón Municipal.
-Escola Municipal de batuka e baile moderno:
.Destinatarios: Nen@s desde 2º E.P. ata 1º E.S.O.
.Horarios:
-Mércores de 17:15 a 18:00h. para nen@s de 2º E.I.
-Venres de 17:15 ata 18:00h. para nen@s desde 3º E.I. ata 3º E.P.
-Venres de 18:00 ata 18:45h. para nen@s desde 4º E.P. ata 1º E.S.O.
.Lugar: Sálón do Concello.
-Escola Municipal de fútbol sala:
.Destinatarios: Prebenxamíns, benxamíns e alevíns.
.Horarios e lugar: Os luns de 17:15 a 18:00h. os prebenxamíns e de 19:30 a 20:15 os benxamíns e alevíns no Pavillón Municipal.
ADULTOS:
-No Pavillón Municipal:
.Voleibol: Luns e venres de 16:00 a 17:00h.
.X. Mantemento: Mércores de 16:00 a 17:00h.
-No Salón do Concello:
.X.Mantemento: 3 grupos dous días a semana (iniciados, avanzados e ximnasia adaptada a persoas maiores).
.Batudance: 2 grupos dous días a semana (iniciados e avanzados).
-Sardiñeiro: Un grupo, dous días a semana no colexio Areouta.
INCRICIÓNS: De luns a venres de 10:00 a 12:30h. na oficina de Deportes do Concello de Fisterra. Máis información no tle. 981740001.
A Rede CeMIT porá en marcha durante os meses de setembro, outubro e novembro unha serie de actividades gratuítas para impulsar as TIC e a Sociedade da Información.
A aula CeMIT de Fisterra situada na praza da Cerca, nº 4 acollerá as seguintes actividades:
-CREACIÓN DE VIDEOXOGOS(8 horas presenciais+22 horas de traballo online)
Inscrición: ata o 12 de setembro de 2011
Comezo da actividade: 26 de setembro de 2011.
-CREACIÓN DE WEBS PARA DISPOSITIVOS MÓBILES(8 horas presenciais+22 horas de traballo online)
Inscricións: ata o 10 de outubro de 2011
Comezo da actividade: 24 de outubro de 2011
-STREAMING DE AUDIO E VÍDEO(8 horas presenciais+22 horas de traballo online)
Inscricións: ata o 7 de novembro de 2011
Comezo da actividade: 21 de novembro de 2011.
Para a realización da actividade é necesario a inscrición dun mínimo de cinco persoas. De non ser así, os interesados poderán asistir á actividade que teña lugar na aula CeMIT máis próxima.
INFORMACIÓN: Na aula CeMIT(Telecentro) do Concello de Fisterra chamando o tle. 981740001 ext. 2069, a través da web http://cemit.xunta.es/,no correo electrónico formación-cemit@xunta.es ou chamando o 902 222 321.
O Ministerio de Defensa a través da súa páxina web www.soldados.com proporciona os xoves comprendidos entre os 18 e os 32 anos de idade, dependendo da titulación académica que posúan, unha canle axeitada de información permanente e actualizada sobre as ofertas de emprego nas Forzas Armadas.
O Concello de Fisterra acaba de realizar un inventario e estudo técnico sobre a Rede Natura 2000 que abarca toda a superficie do Concello.
Pódese visualizar o documento completo en PDF a través do seguinte enlace: