Saltar navegación
 
Concello de Fisterra: Fin da terra, fin do camiño

Novas


CURSOS DE INFORMÁTICA

Imagen aula de informática FisterraA partir do luns 18 de outubro, os maiores de 18 anos poden inscribirse nos cursos de informática que se levarán a cabo durante o 2010-2011 na aula de informática do Concello de Fisterra.


Os cursos serán de: Introducción a Informática: iniciación e perfeccionamento, Ofimática: nivel usuario e avanzado, Internet e Deseño de páxinas web. O horario de mañán ou de tarde dependendo da demanda. A aula estará aberta a tódolos usuarios de 12:15 a 14:00 de luns a venres.
O longo do ano está previsto a realización de diversos obradoiros de mecanografía, búsqueda de emprego por Internet, creación de blogs, retoque dixital, etc.

Os xoves de 17:00-20:00 os nenos/as de 6 a 12 anos poderán realizar actividades educativas basadas no programa jclic e outros programas educativos previa inscrición do neno/a e a aula estará aberta para prestar apoio os estudantes e persoas que necesiten utilizar un equipo para a realización de traballos ou a búsqueda de información.

Información e inscrición: na aula de informática municipal chamando o 981740191 en horario de 9:00 a 14:00 ou no e-mail:info@concellofisterra.com

 
Subir ao inicio da páxina