Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


NOTA INFORMATIVA

25-11-2015

O Concello de Fisterra, desde a Concellería de Cultura e Educación, quere contribuir, na medida do posible, ao enriquecemento das relacións entre os sectores sociais, culturais e educativos, favorecendo o aproveitamento de sinerxias entre os mesmos, co ánimo de contribuir á mellora da autoestima da nosa comunidade e ó coñecemento da nosa historia e do noso patrimonio. É por todo isto polo que , desde a propia Concellería de Cultura , cediu o pasado luns 23 de novembro,aos centros educativos interesados (Ies Fin do Camiño, CEIP Mar de Fóra e o Colexio Nosa Señora do Carmen de Fisterra) e de maneira provisional, un futbolín ,dos 4 que dispón a mesma, con fin do seu uso polos alumnos dos centros educativos do municipio.
En cada centro habilitouse un lugar no que estarán disponibles para os nen@s acompañado dun mural explicativo onde consta a biografía do seu inventor, Alexandre de Fisterra, fotógrafías do I Campionato de futbolín organizado na Fin do Mundo, as súas bases, entre outra documentación.
O fin sería que os alumn@s se familiarizaran co mesmo e coñeceran de primeira man a súa historia tan importante na vila do Cristo.
Unha clausula da cesión do futbolín é que cando o Concello organice o II Campionato de futbolín Alexandre de Fisterra ou outro evento similar, ou no caso que o precise para outro fin, pois que o centro beneficiario do mesmo, non poña impedimento algún en utilizalo.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: