Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Noticias


SEMANA SANTA-FISTERRA 2007

15-03-2007

Os actos relixiosos previstos para a celebración das festas do Santo Cristo de Fisterra son as seguintes:

-NOVENA O SANTO CRISTO E VIRXE DAS DOLORES.
Dende o xoves 29 de marzo celebrarase a NOVENA O SANTÍSIMO CRISTO de Fisterra e a Virxe das Dolores.
Haberá confesións os luns, martes e mércores Santo na Capela do Bo Suceso, de 11 a 12h e de 16:30 a 17:30h e na parroquia de Santa María das Areas , de 18:00 a 20:00h

-VENRES DE DOLORES (30 de Marzo).
Destaca nesta xornada a Procesión da Virxe das Dolores que percorre as rúas da vila arroupada polo recollemento dos devotos que a acompañan nunha das procesións máis expresivas da Semana Santa fisterrá.
Procesión da SOLEDAD, despois da Misa e a Novena. Acompañará a procesión a Banda Eduardo Pondal de Ponteceso.

-DOMINGO DE RAMOS (1 de Abril)
Ás 11:15h. da mañán, bendición dos Ramos na Capela do Bo Suceso, seguida da procesión ata a Igrexia Parroquial de Santa María das Areas, onde se oficiará a SANTA MISA.

-XOVES SANTO (5 de Abril)
Ás 20:00h. na igrexa de Santa María das Areas, representación da ÚLTIMA CEA e LAVATORIO DE PES.
A continuación, no recinto do atrio, ORACIÓN DEL HUERTO, a que lle segue a procesión do PASO DA ORACIÓN DEL HUERTO acompañada no seu percorrido pola Banda Airiños de Corbeiro.

-VENRES SANTO (6 de Abril)
A partir das 8 da mañán, proclama do Apreixamento de Xesús.
Ás 11:30h terá o su inicio, na praza de Santa Catalina ,o VÍA CRUCIS dende onde discurrirá ata a Igrexa de Santa María, na Praza da Constitución, o solemne acto do SANTO ENCONTRO. Acompañará a procesión a Banda Eduardo Pondal de Ponteceso.
Ás 20:00h., na Igrexa Parroquial celebrarase a liturxia do día, e a continuación o emotivo Acto do DESENCLAVO, que culminará coa procesión do Santo Enterro que precorrerá as rúas da vila ata a madrugada. Participarán a Banda Santa Cruz de Rivadulla, Banda Eduardo Pontal de Ponteceso e Desiderio Paz de Fisterra.

-SÁBADO SANTO (7 de Abril)
Vixilia Pascual, ás 21:00h. na Igrexa Parroquial.

-DOMINGO DE RESURRECIÓN (8 de Abril). DÍA DO CRISTO
E o día da Festa Grande en Fisterra. Miles de romeiros acercanse a venerar o Cristo da Barba Dourada e a ofrecer os seus exvotos. Ás 12:00h. representación da RESURRECIÓN DO SEÑOR, como se ven facendo dende tempos inmemorables, polo que foi DECLARADA DE INTERÉSE TURÍSTICO NACIONAL
Escenificación con personaxes viventes do que puido ser un antiquísimo auto sacramental que narra en verso a chegada das desconsoladas mulleres o sepulcro e do seu encontro co ánxel que lles anuncia a Resurreción do Señor, en forma de proclama o mundo enteiro co tradicional ¡ALELUYA!.
Desencadease entón o xúbilo dos asistentes enlazado co repique das campás, tracas de fogos de artificio, solta de palomas, levantamento de bandeiras, e música de bandas que culmina coa DANZA DE NOSA SEÑORA DAS AREAS.
Acompañará os actos a Banda de Gaitas Charamuscas de Vigo
Misas ás 8:00, 9:00 y 10:00h.
Compartir:

TXT_NOTICIAS_Hemeroteca: