Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


OBRADOIRO DE CREACIÓN E EXHIBICIÓN DE PAPAVENTOS

23-02-2024

O departamento de Servizos Sociais do Concello de Fisterra, organiza un Obradoiro de Creación e Exhibición de Papaventos. Esta actividade englóbase dentro doutras que se levarán a cabo para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller

Os/as participantes elaborarán o seus propios papaventos de cor violeta baixo o lema "Voando pola igualdade"

Dirixido a: alumnos/as de primaria (máximo 25)

Creación de papaventos: venres, 1 de marzo de 18:00 a 19:40h na Biblioteca Municipal de Fisterra

Exhibición de papaventos: venres, 8 de marzo de 18:00 a 19:00h na praia da Langosteira

Información e inscricións: no departamento de Educación Familiar do Concello de Fisterra, tel.: 981 740 001 ou no 661 947 153

Programa financiado polo Ministerio de Igualdade, Secretaría de Estado de Igualdade e Contra a Violencia de Xénero

Descargas

Compartir:

Novas por anos: