Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES CONCURSO DE COMPARSAS

19-01-2009

En relación coa celebración do Entroido de Fisterra 2010 "O Entroido máis tradicional da Costa da Morte", establécense tres premios para as comparsas que se presenten a concurso, que se vai a celebrar o 16 de febreiro na Praza da Constitución ás 18:00h., conforme as seguintes bases:

1º.- Cuantía dos premios:
-PRIMEIRO PREMIO..1.500,00€
-SEGUNDO PREMIO...1.200,00€
-TERCEIRO PREMIO...900,00€

Estos premios destinaranse aos calificados por orden de maior puntuación. En caso de empate, o xurado decidirá nunha nova votación a comparsa gañadora.
O RESTO DAS COMPARSAS PARTICIPANTES TERÁN UNHA AXUDA ECONÓMICA DE 300,00€

2º.-Os motivos a puntuar serán os seguintes:
a) PRESENTACIÓN (Disfraces, maquillaxe,...)
b) CALIDADE ARTÍSTICA (Execución da música, posta en escea, organización....)
c) CONTIDO DAS CANCIÓNS OU LETRAS


3º.-A puntuación será do 1 ao 10 para cada aspecto. A suma dos puntos obtidos outorgará a clasificación pertinente.

4º.-O ditame do xurado será inapelable.

5º.-Establécese a condición na que as comparsas anotadas están na obriga de participar no desfile que se celebrará o sábado 13 de febreiro.

6º.-O tempo de actuación non sobrepasará os 30 minutos.

7º.-O número de participantes en cada comparsa será como mínimo de 15 persoas.

8º.-Lugar de inscripción: Nas oficinas do Concello en horario de 8:30 a 14:30h antes do 5 de febreiro

Formulario de inscrición no concurso de comparsas do Entroido 2010
Compartir:

Novas por anos: