Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


DETRÁS DA CANCIÓN

10-01-2011

Detrás da canción é unha actividade destinada a mozos e mozas a partir dos 12 anos. Por unha parte, pretende demostrar que compoñer cancións e gravalas é algo doado e que calquera pode facer cunha mínima calidade; e, pola outra,mostrar que o galego é un idioma tan válido coma calquera outro para a expresión musical de masas.

O domingo, 16 de xaneiro poderemos disfrutar con:

-Obradoiro de creación musical: Ás 18:00h na aula de informática do Concello. Curso de música caseira con Carlos Valcárcel. Os asistentes poderán coñecer algunhas das ferramentas básicas para gravar unha peza nun ordenador e posteriormente publicala na Internet
.Inscricións: Antes do día 15 de xaneiro chamando o tel.981740001(Departamento de Normalización lingüística ou no departamento de Cultura)

-Concerto acústico: Salón de actos do Concello ás 20:00h. Concerto de The Homens e Projecto Mourente. Os integrantes do grupo farán varias das cancións do seu repertorio en galego.
Compartir:

Novas por anos: