Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ELIMINACIÓN DE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS

16-05-2017

O Concello de Fisterra recibiu unha axuda da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, cofinanciada co FEADER, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na creación dunha rede de microreservas de flora, como mecanismo para a conservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario, fomentando a participación activa da poboación local.

A iniciativa desenvolvese entre decembro de 2016 e  xuño de 2017. O 15 de  maio de 2017 programouse unha actividade no centro de ensino secundario IES Fin do Camiño, onde o alumnado de 2º da ESO, colaborarará na reintrodución da especie ameazada, recollida no CGEA como “Alyssum loiseleurii”, na Microrreserva de Mar de Fora. A especie estaba presente en Mar de Fora até hai poucas décadas, de onde se presume que desapareceu polo seu carácter vulnerable a intensificación turística do medio.  

 

O domingo 21 de maio, continuaranse coas labores de erradicación de flora exótica invasora presente tanto no Rostro como en mar de Fóra.

A actividade é gratuíta.

Información e inscrición: Nos teléfonos 650 261 283 / 981 57 00 ou por correo electrónico en viqui@adega.gal

Compartir:

Novas por anos: