Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROXECTO CANDIEIRA

26-10-2017

"O GALP Seo de Fisterra Ría de Muros -Noia" organiza un encontro dentro do proxecto Candieira  para acompañar a aquelas mulleres do mar ou emprendedoras que queiran levar a cabo unha iniciativa de transformación do produto, con 2 itinerarios:

EMBARCA: Dirixido a intercambiar os saberes e sabores e promocionar iniciativas de transformación do produto da terra e do mar.

ALIADAS: Centrado en potenciar espazos de traballo entre as mulleres e que traballará a dinamización asociativa.

O encontro será na Fábrica de Sel en Muros (Avda. Bos Aires, 2), o venres 3 de novembro, de 10.00 a 13.00 horas (programa Embarca) e a partires das 17.00 horas (programa Aliadas).

INSCRICIÓNS: 

-Programa Embarca: http://candieira.net/encontros/embarca-costa-sostible/asistir

-Programa Aliadas: http://candieira.net/encontros/aliadas-costa-sostible/asistir

INFORMACIÓN: Na páxina web http://candieira.net/ ou no tlf.: 981 822 754

Descargas

Compartir:

Novas por anos: