Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


DE MAR A MAR. O CAMIÑO DE SANTIAGO EN 3D

05-12-2017

A lonxa de Fisterra acollerá do 5 ó 22 de decembro a mostra de fotografía en 3D:

"De Mar a Mar. O Camiño de Santiago en 3D"

Esta exposición inclúe pezas espectaculares e de gran formato, realizadas coa técnica estereográfica. Unha exposición que presenta imaxes dos camiños, patrimonio, paisaxes e peregrinos do Camiño Inglés, do Camiño de Fisterra e Muxía, do Camiño Portugués e do Camiño Portugués da Costa.

O título desta mostra fai referencia a ese mar das rutas atlánticas co que comeza a exposición, o mar das costas lusitana e galega, tan ligado aos camiños portugueses de peregrinación a Santiago, para finalizar, unha vez se chega a Compostela, no océano aberto da Costa da Morte, final físico e simbólico do camiño a Fisterra e Muxía.

Compartir:

Novas por anos: