Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CAMPAÑA DE INVERNO 2018

09-01-2018

A Deputación da Coruña organiza a Campaña de inverno para rapaces e rapazas nados nos anos 2003, 2004, 2005, 2006, e 2007, residentes en calquera municipio da provincia. Os participantes gozarán de catro días na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, ademais dos cursiños de esquí.

INSCRICIÓNS: Dende o 11/12/2017 ata o 16/01/2018 ás 14:00h

COTA DE INSCRICIÓN:  85,00 € (oitenta e cinco euros).

INCLÚE: Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Cabeza de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

Máis información en: https://www.dicoruna.es/deportes/campana-esqui ou no departamento de deportes do Concello de Fisterra no tlf. 981 740 001( de 10:00 a 13:00h)

Descargas

Compartir:

Novas por anos: