Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


FEIRA DE EMPREGO MOZ@S MENORES DE 30 ANOS

27-03-2019

A Cámara de Comercio da Coruña organiza a cuarta edición da Feira de Emprego, que nesta ocasión celebrarase no Fórum Carballo o próximo 4 de abril co obxectivo de potenciar o achegamento entre empresas e moz@s menores de 30 anos da Costa da Morte que desexan incorporarse ao mundo laboral.

As persoas interesadas en participar deben estar inscritas como demandantes de emprego e ter o seu currículum actualizado.

Para desprazarse ata Carballo, a Cámara de Comercio da Coruña pon a disposición de tódol@s interesad@s un autobús gratuito desde Fisterra.

Inscricións e información: No departamento de Educación Familiar do Concello de Fisterra (Mª José)

Compartir:

Novas por anos: