Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES PRAZA FUNCIONARI@ TÉCNIC@ TURISMO

02-03-2020

A vista da oferta de emprego público aprobada mediante Resolución de data 27 de marzo de 2019, aprobanse as bases para cubrir como funcionario/a en propiedade mediante o sistema de concurso-oposición, unha praza de Técnico de Turismo vacante no cadro de persoal do Concello de Fisterra.

REQUISITOS DOS ASPIRANTES:

Para participar no proceso selectivo os aspirantes deberán reunir, antes de que remate o último día de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:

  • Ser español ou cidadán/cidadá de calquera outro Estado membro da Unión
  • Estar en posesión ou en condición de obter na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes o título de: Bacharelato ou Título de técnico, ou calquera outra titulación ou estudos equivalentes a algún dos anteriores, conforme ao disposto na normativa vixente na materia.
  • Non padecer enfermidade nin defecto físico que impida o normal desenvolvemento das funcións a desempeñar.
  • Non ter sido separado/a do servizo de calquera das Administracións Públicas, en virtude de expediente disciplinario, nin encontrarse inhabilitado/a para o exercicio da función pública.
  • Ter cumpridos os dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa, para o acceso ao emprego público.

SOLICITUDES

Nas instancias, solicitando tomar parte na oposición, os aspirantes deberán manifestar que reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos, nos termos que se recollen na base segunda, e que se comprometen a prestar xuramento ou promesa de cumprir fielmente as obrigas do cargo con lealtade ao Rei, gardar e facer gardar a Constitución como norma fundamental do Estado, como se recolle no Anexo I a esta convocatoria. A instancia acompañarase fotocopia do D.N.I e comprobante ou xustificante acreditativo do pagamento dos correspondentes dereitos de exame, mediante ingreso na conta bancaria, da que é titular o Concello e que se indica na Base 3.4.

Lugar de presentación de instancias: As instancias, dirixidas á Alcaldía e presentaranse no Rexistro Xeral deste Concello en horas de oficina, ou segundo o disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Prazo de presentación de instancias: O prazo de presentación será de Vinte días naturais ( 20 ) a contar desde o seguinte á publicación do anuncio de Convocatoria no Boletín Oficial do Estado.-

Descargas

Compartir:

Novas por anos: