Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


FESTAS PATRONAIS E DO CARME

07-08-2009

Os actos previstos para a celebración das festas patronais e do Carme en Fisterra son os seguintes:

-Martes, 8 de setembro: FESTIVIDADE DA PATRONA "NOSA SRA. DAS AREAS"
Ás 11:00h. procesión polas rúas da vila coa Patrona acompañada pola banda de música de Cee e ás 12:00h. misa solemne na Igrexa Parroquial.
Ás 14:00h. sesión vermú coa orquestra LOS PRÍNCIPES.
A noitiña actuará a orquestra LOS PRÍNCIPES e o grupo VERDEMAR.

-Mércores, 9 de setembro: FESTIVIDADE DA VIRXE DO CARME.
Ás 10:30h. procesión e misa solemne na nova lonxa de peixe na honra da Virxe do Carme acompañada pola Banda Militar do Tercio Norte de Ferrol e a tradicional procesión marítima, bendición de embarcacións, homenaxe aos náufragos, salve mariñeira e retorno a Igrexa Parroquial.
Tras iso, sesión vermú coa orquestra EMBAJADORES.
Ás 19:00h.,tradicional desfile militar na praia da Ribeira.
Amenizarán a noite a orquestra EMBAJADORES e o grupo MAR AZUL.

-Xoves, 10 de setembro: FESTIVIDADE DE SAN ROQUE.
Pasarrúas coa Banda de Gaitas e Tambores "DESIDERIO PAZ DE FISTERRA".
Ás 11:00h. procesión na honra de San Roque e posterior misa solemne na Igrexa Parroquial.
Ás 14:00h. sesión vermú coa orquestra ACORDES.
A noitiña, remate das festas coa actuación estelar de RÁFAGA e a orquestra ACORDES.

A novena dará comenzo o mércores, día 2 ás 20:00h. na Igrexa Parroquial.
Compartir:

Novas por anos: