Portal de Turismo do Concello de Fisterra



Rede Natura

A Rede Natura 2000 é a iniciativa máis importante para crear unha rede de espazos naturais basada en criterios científicos. A súa finalidade é asegurar a conservación de hábitats e especies, entre as que se encontran moitas seriamente ameazadas por un desenrolo carente de planificación.

Na Rede Natura 2000 integranse os espazos designados como ZEPAS pola Directiva de Aves (79/409/CEE) e os espazos designados para o cumprimento da Directiva de Hábitats (92/43/CEE), coñecidos na súa 1ª fase como Lugares de Importancia Comunitaria (LIC).

Crease así unha rede de lugares nos que se asegurará a súa conservación e o mantemento da función para a conservación deses lugares, aplicando medidas preventivas, correctoras e compensatorias ante os posibles impactos ambientais que terán que ser previstos en cada un deses lugares.

O LIC Es1110005 Costa da Morte, declarado asimismo "Zona de Especial Protección de los Valores Naturales"(ZEPVN) en base o Decreto 72/2004, do 2 de abril e ratificado como LIC pola Decisión da Comisión do 7 de decembro de 2004 pola que se aproba, de conformidade coa Directiva 92/43/CEE do Consello, a lista de LICs da rexión biogeográfica atlántica.

A superficie total para o LIC Costa da Morte, en terreo do Concello, é de 675,46 ha e corresponde ó dominio terrestre do Concello, xa que o LIC exténdese polas augas que bañan a costa próxima o Cabo Fisterra, unhas 3505 ha, zona protexida que se extende ó longo da costa, en forma de estreita franxa de terreo que vai dende o extremo norte da praia do rostro ata a costa interior da península de Fisterra, a altura da praia de Corbeiro.

Descargas

Compartir: