Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


ACTIVIDADES DEPORTIVAS MUNICIPAIS

17-06-2011

A programación das actividades deportivas que se van a celebrar durante o verán do 2011 son as seguintes:

-CURSOS DE NATACIÓN: Iniciación e Perfeccionamento.
Para nenos que cursan dende 2º de infantil ata 6º de E.P.(ambos incluidos).
O curso consta de dúas partes:
-Piscina: 29 de xuño, 6, 13 e 20 de xullo.
-Praia: 30 de xuño, 7 e 14 de xullo.
A cuota de inscrición é de 6 euros por persoa correspondentes a entrada a piscina.

-TRIMARATÓN INFANTIL 2011.
Dirixio a nen@s que cursan dende 1º de E.P. ata 2º de E.S.O.(ambos incluidos).
Do 28 de xuño ó 22 de xullo na praia da Langosteira polas mañáns.
O xoves, 23 de xuño farase unha reunión no antigo salón de plenos para facer os equipos.
Os deportes que se van a practicar son fútbol praia, volei praia e brilé.

-DÍA DO XOGO.
Destinatarios: nenos que cursan dende 2º de infantil ata 2º de primaria(ambos incluidos).
Día: Luns, 11 de xullo no antigo salón de plenos.
Faranse dous turnos:
-4 e 5 anos: de 11:00 a 12:00h
-1º e 2º de E.P. de 12:00 a 13:00h

-DÍA DA BICI.
O 21 de xullo a partir das 11:00h. no campo da igrexa. Circuíto pechado, non sairán a estrada. Dirixido a nen@s que cursan dende 1º de E.P. ata 4º da E.S.O.

-TALLER DE BATUKA E BAILE MODERNO.
Dirixido a nen@s que cursan dende 2º de infantil ata 1º da E.S.O.(ambos incluidos).
Do 1 de agosto ata o 16 de agosto, dous día a semana no antigo salón de plenos polas mañáns.

-TORNEO DE TENIS.
Dirixido a nen@s que cursan dende 3º de E.P. en adiante. Do 17 ó 31 de agosto. O torneo dividirase por categorías.
A data límite de inscrición para o torneo de tenis é ata o 22 de xullo.

TORNEOS DE FÚTBOL 7:
Destinatarios: Os equipos de fútbol 7 que participaron na liga durante o curso 2010/2011.
Durante todo o mes de xullo os equipos do Concello de Fisterra participarán nos diferentes torneos de fútbol 7 de verán.
Os equipos serán avisados para comunicarlles os días e horarios de ditos torneos.

INSCRICIÓNS: Do 14 o 23 de xuño na oficina municipal de deportes do Concello de Fisterra, en horario de 10:00 a 12:30. Máis información no tle. 981740001.
Compartir:

Novas por anos: