Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE

17-02-2012

A Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia convoca probas de avaliación en competencias clave para acceder ás accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificación dentro da Formación Profesional para o Emprego na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG número 34, do 17 de febreiro de 2012)
As probas terán lugar no Recinto Feiral de Silleda, o dia 14 de abril (para as probas do nivel 2) e o 15 de abril (para as probas do nivel 3).
Todas aquelas persoas que queiran presentarse terán de prazo ata o 2 de marzo para presentar a solicitude.

INFORMACIÓN: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra (Tfno: 981740001), de 9.00 a 14.00h.
Compartir:

Novas por anos: