Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


BASES CONCURSO INFANTIL

13-01-2015

O Concurso infantil de disfraces do entroido de Fisterra vaise celebrar o domingo 15 de febreiro no pavillón municipal e establécense as seguintes bases:

-CATEGORÍA INDIVIDUAL:
.Primerio premio: 30€ máis trofeo
.Segundo premio: 20€ máis trofeo

-CATEGORÍA PARELLAS:
.Primerio premio: 60€ máis trofeo
.Segundo premio: 50€ máis trofeo

-CATEGORÍA GRUPOS:
.Primerio premio: 90€ máis trofeo
.Segundo premio: 80€ máis trofeo

Na categoría de grupos mínimo 3 persoas e máximo 20 dentro do cal tense que realizar unha pequena actuación sexa u baile, unha canción, parodia,...
Os motivos a puntuar nas tres categorías serán os seguintes:
DISFRACE, MAQUILLAXE E ORIXINALIDADE.
O ditame do xurado será inapelable. A puntuación será do 1 ao 10, sendo o un a puntuación máis baixa e o dez a máis alta.

INSCRICIÓN: O domingo 15 no pavillón municipal de 16:30 a 17:30h .

Unha vez que comeza o concurso non poderá anotarse ningún nen@ máis para participar no mesmo.
Compartir:

Novas por anos: