Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


FORMACIÓN ABERTA

07-07-2016

Formación Aberta é un proxecto orientado á formación continua de adultos que ofertará sesións formativas de distintas temáticas (idiomas, informática, economía, negocios, política, administración, cociña...) cunha duración que dependerá do programa formativo que o docente pretenda compartir .

Desde a Aula CeMIT de Fisterra impartiranse dúas sesións de formación aberta durante o mes de xullo tratando a temática dos negocios:

-15/07/2016: Como se monta un negocio: das ideas aos feitos-dos feitos aos produtos

-22/07/2016: Como se xeran as ideas de negocio?

Sesións formativas de dúas horas de 10:00 a 12:00h.

Máis información e inscrición: Aula CeMIT Fisterra, no tlf.:673081740 ou en cemit.fisterra@xunta.es

Compartir:

Novas por anos: