Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


TALLER DE INICIACIÓN Ó TEATRO

25-10-2016

O Concello de Fisterra organiza:

Taller de Iniciación ó Teatro

Dirixido a: Maiores de 18 anos sen experiencia en teatro que queiran divertirse coñecendo os mecanismos básicos de xogo teatral e explorar as propias capacidades expresivas.

Obxectivo: Desenvolver a imaxinación creando dináminas de grupo a través da improvisación e o xogo. Recoñecer o propio corpo e voz como instrumento de expresión e a relación co espacio individual e grupal.

Prazo de inscrición: A partir do mércores 26 de outubro e ata o xoves 10 de novembro. Prazas limitadas (Grupo de 12 persoas)

Información e inscrición: Na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra en horario de 9:30 a 15:00h ou no tlf.:981740001 ext. 6

Nota: As clases impartiranse o luns pola tarde

Descargas

Compartir:

Novas por anos: