Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


AXUDAS PARA MOZ@S EMPRENDEDORES

26-01-2017

A Deputación da Coruña convoca axudas para mozos/as emprendedores para a posta en marcha da súa idea de negocio

Beneficiarios:
Mozos/as de entre 25 e 35 anos empadroados en municipios da provincia da Coruña que promovan iniciativas empresariais de nova creación no ámbito provincial.

Contía: As axudas a conceder terán un importe máximo de 20.000 €.

Prazo de presentación de solicitudes: A partir do día seguinte ao da publicación no BOP de A Coruña do día 26/01/2017 e rematará ás 14:00 horas do 3 de marzo de 2017

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma SUBTEL, accesible dende a sede electrónica da Deputación Provincial de A Coruña https://sede.dicoruna.es/

Bases de convocatoria

Máis información:  BOP Coruña 26 de xaneiro 2017 ou no Axente de Desenvolvemento Local do Concello de Fisterra, no tlf.:981740001 ext.2028

Compartir:

Novas por anos: