Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


XORNADA: VOLUNTARIADO AMBIENTAL NAS MICRORRESERVAS DE FISTERRA

29-05-2017

O día 31 de maio de 2017, ás 11:30h daráse continuidade ás  xornadas de voluntariado ambiental que se están a desenvolver no Concello de Fisterra, ao abeiro dunha axuda da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, cofinanciada co FEADER, no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) 2014-2020, centrada na creación dunha rede de microreservas de flora, como mecanismo para a conservación de hábitats prioritarios ou de interese comunitario, fomentando a participación activa da poboación local.  

Nas distintas actividades a realizar, participará activamente a asociación Ecoloxista ADEGA, en colaboración cos membros do Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela BCPV( GI-1291) “Biodiversidade e Conservación de Plantas Vasculares” Miguel Serrano e Roi Carballal.

As Microreservas de Flora propostas polo Concello de Fisterra, pretenden ser un modelo pioneiro de actuacións que sirva de referencia para futuros proxectos no ámbito litoral da Rede Natura 2000 na Galicia costeira. As actuacións están dirixidas de forma preferente a preservar hábitats prioritarios ou de interese comunitario e  contempla várias liñas de actuación.

Esta xornada de voluntariado, que continuará en dias sucesivos,  incluirá diferentes actuacións; balizado e delimitación sempre permeable e estético, das microrreservas, o plantado de sebes vivas en zonas lindeiras con camiños rurais, a mellora do medio abiótico sobre o que se sitúan os hábitats (p.e., corrección de perfis dunares con Ammophila arenaria de procedencia local) ou  a mellora das condicións bióticas mediante eliminación de especies alóctonas invasoras presentes

En todas estas actuaccións o papel da poboación local será fundamental, implicándoos na preservación e coñecemento dos valores da rede natura 2000 das súas parroquias, coa posibilidade de participar na mellora do hábitats, na eliminación de invasoras, nas experiencias de identificación e catalogación de especies e hábitats (bioblitzs) e nas valoracións e adecuacións dos roteiros ambientais que se proporán para ligar entre sí as diversas microrreservas. Ao involucar á poboación local nas actividades de voluntariado ambiental a desenvolver está a fomentarse a conservación do lugar facendo partícipes do mesmo aos usuarios máis vencellados ao territorio.

A actividade é gratuíta.

Información e inscrición:Nos teléfonos 650 261 283 / 981 57 00 99 ou por correo electrónico en viqui@adega.gal

Descargas

Compartir:

Novas por anos: