Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


EXPOSICIÓN: ARREDOR DA FAMILIA E OUTROS CONTOS

18-08-2017

A Casa das Peritas volve abrir as súas portas, nesta ocasión, ata o 31 de agosto, cunha exposición da artista moldava afincada en Fisterra Natasha Lelenco.
A Casa das Peritas é unha vivenda rural do século XIX rehabilitada recentemente como vivenda, estudio de arte e espazo expositivo que abre as portas ocasionalmente  como galería de arte. Nesta ocasión, a mostra reúne vellos e novos traballos de Natasha Lelenco baixo o prisma da indagación arredor da idea de familia. 
Natasha desenvolve a súa actividade artística nos eidos da pintura, a fotografía, o vídeo e a ilustración. É licenciada en Belas Artes pola Universidade de Oradea e o seu traballo, de vocación figurativa, indaga arredor do relato histórico, do sentido da vida e daquelo que nos fai humanos.
Recoméndase estacionar nas proximidades da aldea e achegarse dando un agradable paseo á casa que se atopa no núcleo da aldea de Mallas.
Portas abertas ata o 31 de agosto de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h.
 
Para vela ubicación en Google Maps pinchar: aquí
 

 

Compartir:

Novas por anos: