Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CONCERTO DIDÁCTICO GALLAECIA-GALLAECIÑOS

18-06-2018

A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra organiza para os cativos e as súas familias o CONCERTO DIDÁCTICO GALLAECIA-GALLAECIÑOS.
É un proxecto teatral e musical con música en directo pensado para público familiar.
Durante 1 hora, 6 músicos e 2 cantantes, pretenden ensinar, dun xeito moi divertido, a historia do Jazz, narrando cómo nace cada estilo.
Cunha experiencia teatral e musical, coas cancións de cada época, e contando coa participación dos rapaces, explicarán os diferentes estilos musicais e épocas do Jazz dun xeito cronolóxico: Gospel, Blues, Ragtime, Dixieland, Swing, Bebop, Cool Jazz, Funky, Soul...

DATA E HORA: Venres 22 de xuño, ás 20:30h

LUGAR: Na Praza da Constitución

Nota: No caso de mal tempo será no salón de actos do Concello de Fisterra

 

Descargas

Compartir:

Novas por anos: