Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


PAGAMENTO ÚNICO POR FILL@S MENORES DE 3 ANOS

03-04-2019

A Consellería de Política Social concede unha prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2019 (nados entre o 1/1/2016 e o 31/12/2017 incluídos)

Serán beneficiarias desta prestación aquelas persoas que durante o ano 2017, nin elas nin ningunha das persoas que compoñen a unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración polo IRPF correspondente a este período, nin a presentase de xeito voluntario aínda sen estaren obrigados a iso.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo menor de tres anos:
–Cando sexa a primeira filla ou fillo: 360 €.
–Cando sexa a segunda filla ou fillo: 1.200 €.
–Cando sexa a terceira ou terceiro e sucesivos:2.400 €.

Prazo: O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 28 de maio de 2019.

Información e tramitación: No departamento municipal de Servizos Sociais (Educación Familiar) en horario de 10 a 14 horas ou en https://sede.xunta.es co código do procedemento BS410A

Descargas

Compartir:

Novas por anos: