Portal cidadán

Concello de Fisterra

"Fin da terra, fin do camiño"


Novas


CURSOS DE MÚSICA E TEATRO

23-09-2019

A Concellería de Cultura do Concello de Fisterra abre o prazo para anotarse nos Cursos de Música e de Teatro 

  • CURSO DE MÚSICA 2019/2020

Impartiranse clases de iniciación nas especialidades de: frauta, frauta traveseira, gaita, tambor, tamboril, saxo e linguaxe musical.

DESTINATARIOS: Nenos e nenas maiores de 6 anos e adultos e impartirase o venres pola tarde.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra (despacho do Tenente de Alcalde) en horario de 9:30 a 15:00h ou no tel.:981 740 001 antes do 4 de outubro

AVISO: A reunión realizarase o venres, 4 de outubro, ás 17:30h na Aula de Música na CeMIT de Fisterra (rúa da Cerca).

-CURSOS DE TEATRO

  • CURSO DE INICIACIÓN Ó TEATRO

DIRIXIDO A: Maiores de 18 anos sen experiencia en teatro que queiran divertirse coñecendo os mecanismos básicos de xogo teatral e explorar as propias capacidades expresiva


DESTINADO A: Maiores de 18 anos. Prazas limitadas

Impartirase o luns de 18:00 a 19:00h

  • CURSO AVANZADO DE TEATRO

DIRIXIDO A: Adultos con experiencia en teatro


DESTINADO A: Maiores de 18 anos. Prazas limitadas

Impartirase o luns de 19:00 a 21:00h

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN: Na Concellería de Cultura do Concello de Fisterra (despacho do Tenente de Alcalde) en horario de 9:30 a 15:00h, no correo electrónico culturafisterra@hotmail.com ou no tel.:981 740 001 antes do 15 de outubro

Descargas

Compartir:

Novas por anos: