Portal de Turismo do Concello de Fisterra


Fisterra


Praias

Dentro do Termo Municipal atopamos magníficas praias e para todos os gustos.

Langosteira

Precioso areal de 2 kms de longo onde se funde a praia co monte.

Esta praia conta cos servizos precisos para atender o alto número de visitantes que recibe na época estival.

Nela celébrase todos os anos polo mes de xullo a festa da praia, na que participa todo o pobo e gran cantidade de turistas.

Talón

Escondida entre pinares próxima ao Camiño de Santiago, atópase esta tranquila e resgardada praia.

Arnela

Esta pequena praia aparece coma unha recóndita cala de areas brancas rodeadas de salvaxes acantilados.

Ribeira

Enseada de augas tranquilas dentro da propia vila, resultando ideal para o disfrute dos nenos.

Corbeiro

Preciosa cala situada preto do castelo de San Carlos, moi tranquila e de impresionante beleza.

Mar de Fóra

Solitaria e recollida pero mirando ao mar aberto, sendo conxuntamente coa Praia de Rostro e Arnela, perigosas para o baño polas súas correntes mariñas.

Aislada de núcleos urbanos cunha lonxitude que alcanza os 500 m, ten forte oleaxe e vento. Está protexida dentro do programa de Rede Natura 2000.

Sardiñeiro

No pequeno pobo de Sardiñeiro, atópase esta praia de area fina e tranquilas augas, onde se poden ver marabillosas vistas da ría.

O Rostro

Aberta ao Océano Atlántico, conta cun interesante sistema dunar que se extende ao longo dos seus case tres quilómetros de lonxitude.

É un dos poucos areais que poden calificarse como prácticamente virxe.

Protexida por Rede Natura 2000.

Restrelo

Pequena praia de 85 metros situada ao lado de Sardiñeiro.

Ligazóns

Compartir: